viernes, 17 de diciembre de 2010

"50 ANOS DE BALONCESTO EN GALICIA" XA ESTÁ NA RÚA

.

Tras dous anos de intenso traballo, nos que se contaron coa colaboración de moitos dos integrantes da extensa familia do Baloncesto Galego, a Federación Galega de Baloncesto xa presentou na tarde do pasado xoves día 16 de decembro este proxecto editorial ante o público e os medios de comunicación.

.

A Federación Galega de Baloncesto presenta con "50 anos de Baloncesto en Galicia" un proxecto que recompila a través de 446 páxinas, coas mellores calidades editoriais, preto de 800 fotografías dos equipos galegos de Baloncesto desde os anos 40 ata a máis recente actualidade.

.

Pódense ollar no seu interior as mellores imaxes, ao longo do tempo, de centos de equipos; igualmente, esta obra conta coa colaboración, a través de diferentes aportacións escritas, de significativos persoeiros do noso baloncesto.

.

"50 anos de Baloncesto en Galicia" poderá adquirirse, baixo un prezo de 40 euros, a partir do luns 20 de decembro, na sede central da Federación Galega de Baloncesto en Santiago de Compostela ou nas Delegacións Zonais correspondentes.