.
A Área Deportiva da Federación Galega de Baloncesto deu a coñecer esta semana o bloque de xogadores e xogadoras que conformarán, de xeito definitivo, as Seleccións Galegas de categoría Infantil e Cadete.
.
Os catro combinados deixan o estatus de preseleccións e establécense xa como os grupos que representarán a Galicia, entre o 3 e 9 de xaneiro do 2011 en Córdoba, no Campionato de España de Seleccións Autonómicas de ambas categorías.
.
No plantel da Selección Galega Infantil Feminina militará Ana Isabel Fernández (1997), xogadora do conxunto Infantil Feminino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e adestrada por Óscar Belmonte e Vinca Rolán .
.
Feitas públicas as listas e conscientes do calendario que se atopará cada unha das seleccións no Campionato Estatal, os combinados afrontan as súas derradeiras semanas de traballo a través dunha nova convocatoria de traballo.
.
O próximo domingo día 19 de decembro do 2010, ás 11:30 horas no Pavillón Municipal de A Estrada, concentraranse as xogadoras da Selección Galega Infantil Feminina, entre as que se atopa Ana Isabel Fernández.
.
Neste punto de inflexión para as catro Seleccións Galegas, a Federación Galega de Baloncesto e o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, queren agradecer a implicación e compromiso a todos os xogadores e xogadoras que estiveron participando desde o pasado mes de xullo nas preseleccións galegas. De seguro, grande parte do seu esforzo estará represetando polos seus compañeiros en Córdoba, os que contarán tamén co seu apoio.

