
.
Despois do remate da Fase de Clasificación á Liga FGB Cadete Masculina e do Memorial Horacio Silva & Ico Tapias da mesma categoría, xa están dispoñibles os calendarios da Liga Zonal DVB Cadete Mascuilna da Delegación Viguesa de Baloncesto da presente tempada 2010/2011.
.
Na Liga Zonal DVB 2010/11 de categoría Cadete Masculina, competirán os equipos Seis do Nadal "A", dirixido por Borja Martínez; Seis do Nadal "B", adestrado por Sergio Garcia; e Seis do Nadal "C", adestrado e dirixido por Sergio González e Alicia Álvarez. A Liga Zonal DVB Cadete Masculina desta tempada contará con dous grupos na primeira fase: Grupo "A" no que participará o Seis do Nadal "B", e o Grupo "B" no que competirán o Seis do Nadal "A" e Seis do Nadal "C".
.
.
O noso conxunto Cadete Masculino "A", Seis do Nadal "A", participou no Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Cadete Masculino 2010/2011, competición amistosa que se disputou de xeito paralelo á Fase de Clasificación á Liga FGB Cadete Masculina, ocupando a sétima posición da clasificación final.
.
.
O Seis do Nadal "A" competirá no Grupo "B" da Liga Zonal DVB 2010/2011 xunto a Salesianos, Los Sauces, C. Mariano, Maristas Linorsa e Seis do Nadal "C". O primeiro partido do noso equipo nesta competición será contra o Col. Mariano no Colexio Seis do Nadal a próxima fin de semana do 27 e 28 de novembro do 2010. Pódese acceder ao calendario completo de partidos do Grupo "B" da Liga Zonal DVB Cadete Masculina pulsando aquí.
.
.
O equipo Cadete Masculino "B", Seis do Nadal "B", tamén participou no Memorial Horacio Silva & Ico Tapias Cadete Masculino 10/11 ocupando a sexta posición da clasificación final, cun balance dunha vitoria e cinco derrotas, nos cinco partidos disputados nesta competición de carácter amigable. A clasificación final deste Memorial Horacio Silva & Ico Tapias foi a seguinte:
.
.
O conxunto Seis do Nadal "B" participará no Grupo "A" da Liga Zonal DVB 2010/2011 xunto aos equipos Apóstol, C.B. Baiona, Salesianos "B", C.B. Tui Seta, Compañía de María e Canteiras "B". O primeiro partido do Seis do Nadal "B" nesta competición será contra o C.B. Baiona na pista do Colexio Seis do Nadal a próxima fin de semana dos días 27 e 28 de novembro do 2010. Xa se poder acceder ao calendario de xogo do Grupo "A" pulsando aquí.
.
.
O equipo Cadete Masculino "C", Seis do Nadal "C", xogou a Fase de Clasificación á Liga FGB 10/11 Cadete Masculina ocupando a segunda posición da competición, quedando ás portas do Cruce de Clasficación cun balance de dúas vitorias ante Salesianos e dúas derrotas encaixadas ante o Frimos Vigo A.M. en dous encontros moi disputados. A clasificación final da Fase de Clasificación á Liga FGB foi a seguinte:
.
.
O Seis do Nadal "C" estará encadrado no Grupo "B" da Liga Zonal DVB 2010/2011 xunto a Salesianos, Los Sauces, C. Mariano, Maristas Linorsa e Seis do Nadal "A". O primeiro rival do Seis do Nadal "C" será Los Sauces, partido que se xogará a próxima fin de semana do 27 e 28 de novembro do 2010 no Colexio Los Sauces. Pódese acceder ao calendario do Grupo "B" desta competición pulsando aquí.





