domingo, 21 de noviembre de 2010

XA ESTÁ DISPOÑIBLE O CALENDARIO DA LIGA INTERZONAL JÚNIOR FEMININA 2010/2011 OURENSE - VIGO

.

Despois do remate da Fase de Clasificación á Liga FGB Júnior Feminina, xa está dispoñible o calendario da Liga Interzonal Júnior Feminina Ourense-Vigo da Federación Galega de Baloncesto para a presente tempada 2010/2011.

.

O calendario desta Liga Interzonal Júnior Feminina 2010/11 que comezará a próxima fin de semana dos días 27 e 28 de novembro está xa dispoñible no apartado de competicións da web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).

.

Os equipos que participarán na Liga Interzonal Júnior Feminina Ourense - Vigo xunto ao Júnior Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Seis do Nadal - Coia, adestrado por Francisco García serán:

.

- SEIS DO NADAL - COIA (Vigo)

- EIDO EMPRESA AB XINZO (Xinzo de Limia)

- BLANCO AMOR (Ourense)

- AIREXA NIGRÁN (Nigrán)

- MARISTAS CELTA (Vigo)

- CARMELITAS OURENSE "B" (Ourense)

.

Dita competición xogarase en formato de liga a dobre volta nun único grupo. Ao rematar dita fase regular os catro primeiros clasificados xogarán semifinais e final a dobre volta, e os 5º e 6º clasificados xogarán a dobre enconto os mesmos postos.

.

O noso equipo, Seis do Nadal - Coia, comezará a competición viaxando a Ourense para enfrontarse alí ao Blanco Amor a próxima fin de semana do 27 e 28 de novembro do 2010. Pódese acceder ao calendario de xogo completo desta Liga Interzonal Júnior Feminina Ourense-Vigo pulsando aquí.