.
O equipo Júnior Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Sergio González, finalizou na terceira posición a Fase de Clasificación para a Liga FGB Júnior Masculina 2010/2011.
.
O balance de vitorias e derrotas deste conxunto nesta primeira fase despois dos catro partidos xogados, foi de dous partidos gañados ante C.B. Baiona e C.B. Tui Seta, e dous partidos perdidos ante C.B. Vigo "A" e Canteiras "A", encontros nos cales o noso equipo amosou unha boa imaxe competindo en cada un deles.
.
A clasificación final da Fase de Clasificación a Liga FGB Júnior Masculina 2010/2011 foi a seguinte:
.
.
O equipo Seis do Nadal "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputará a Liga Zonal DVB Júnior Masculina, xa que soamente optaba ao cruce para a clasificación para a Liga FGB Júnior Masculina 2010/2011, o primeiro clasificado desta primeira fase.


