domingo, 31 de octubre de 2010

O JÚNIOR FEMININO XOGARÁ A LIGA ZONAL DVB DESPOIS DA FASE DE CLASIFICACIÓN Á LIGA FGB 10/11

.

O combinado Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Francisco García, finalizou en terceira posición a Fase de Clasificación para a Liga FGB Júnior Feminina 2010/2011.

.

O balance de vitorias e derrotas do Júnior Feminino na Fase de Clasificación á Liga FGB Júnior Feminina despois dos catro partidos disputados, foi dun partido gañado ante o C.B. Airexa Nigrán, e tres partidos perdidos, os dous xogados ante o grupo Maristas Celta e o partido de ida ante o C.B. Airexa Nigrán.

.

A clasificación final da Fase de Clasificación a Liga FGB Júnior Feminina 2010/2011 foi a seguinte:

.

.

O equipo Júnior Feminino, Seis do Nadal - Coia, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia disputará a Liga Zonal DVB Júnior Feminina, xa que soamente optaban ao cruce para a clasificación para a Liga FGB Júnior Feminino 2010/11, os dous primeiros clasificados desta primeira fase.