viernes, 17 de septiembre de 2010

XA ESTÁN DISPOÑIBLES OS CALENDARIOS DOS TORNEOS DE APERTURA DAS LIGAS FBG INFANTÍS

.

Despois do sorteo do calendario celebrado a pasada tarde do mércores 16 de setembro, xa están dispoñibles os calendarios do Torneo de Apertura das Liga F.G.B. Infantil Masculina e Infantil Feminina da Federación Galega de Baloncesto da próxima tempada 2010/2011.

.

Os calendarios de xogo dos grupos dos Torneos de Apertura da Liga F.G.B. Infantil que comezará o próximo fin de semana dos días 2 e 3 de outubro están xa dispoñibles na páxina web da Federación Galega (www.fegaba.com).

.

O Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", adestrado por Carlos Rodríguez, participará no Grupo "A" do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Masculina 2010/11 xunto a:

.

- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

- MARÍN PEIXEGALEGO BAIONA (Marín)

- B.C.A. (A Coruña)

- FERROL C.B. (Ferrol)

.

Por outra banda, no Grupo "B" do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Masculina desta tempada 2010/2011 competirán:

.

- ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Vigo)

- ROSALÍA DE CASTRO (Santiago de Compostela)

- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

- B.B. PONTEVEDRA (Pontevedra)

.

A primeira xornada do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Masculina terá lugar a fin de semana do 2 e 3 de outubro e o noso conxunto se enfrontará ao B.C.A. en A Coruña. Pódese acceder ao calendario de xogo completo pulsando aquí.

-.

O Infantil Feminino "A", Seis do Nadal "A", adestrado por Óscar Belmonte e Vinca Rolán, competirá no Grupo "B" do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Feminina xunto a:

.

- SEIS DO NADAL "A" (Vigo)

- CORTEGADA CAIXANOVA (Vilagarcía de Arousa)

- PABELLÓN OURENSE (Ourense)

- CANTEIRAS "A" (O Porriño)

.

Por outro lado, no Grupo "A" do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Masculina desta tempada 2010/2011 competirán os seguintes equipos:

.

- PONTUMIO (Pontedeume)

- CÍA MARÍA VIGO "A" (Vigo)

- R.C. CELTA MARISTAS CAIXANOVA (Vigo)

- MERCEDARIAS HOTEL SUIZO (Ferrol)

.

A primeira xornada do Torneo de Apertura da Liga FGB Infantil Feminina terá lugar a fin de semana do 2 e 3 de outubro e o noso conxunto se enfrontará ao Canteiras "A" en Vigo. Pódese acceder ao calendario de xogo completo pulsando aquí.