viernes, 17 de septiembre de 2010

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA PARTICIPARÁ NO I TORNEO ALEVÍN "BÁSQUET NA RÚA" DO PORRIÑO B.B.

.

O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participará no I Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base o próximo sábado día 18 de setembro do 2010. O I Torneo Alevín "Básket na Rúa" está incluído no programa deportivo do Concello do Porriño para as Festas do Cristo 2010 e está inspirado nas anteriores edicións do Torneo Benxamín "Básket na Rúa".

.

Os equipos do club que participarán no torneo son o Alevín Masculino "A", adestrado por Carlos Rodríguez, o Alevín Feminino "A", dirixido por Aalí Mohamed, e un equipo Alevín Mixto que estará formado por xogadores e xogadoras dos equipos Alevín Masculino "B" e Alevín Feminino "B", que será dirixido por Vinca Rolán.

-.

A Praza do Concello e a Praza do Cristo de O Porriño serán o escenario, a partir das 09:30 horas, desta primeira edición do Torneo Alevín do Porriño Baloncesto Base no que participarán 12 equipos de categoría alevín divididos en grupos de tres conxuntos.

-.

O equipo Alevín Masculino "A" xogará no Grupo A xunto ao Canteiras Masculino "A" e o C.B. Tui. O conxunto feminino de segundo ano competirá no Grupo D xunto ao Canteiras Feminino "B" e o San José Mixto; e o Alevín Mixto formado por xogadores de primeiro ano estará encadrado no Grupo B xunto ao Canteiras Masculino "B" e o Salesianos Masculino.

-.

O calendario de xogo e horarios do I Torneo Alevín "Básket na Rúa" organizado polo Porriño Baloncesto Base é o seguinte:

-.