
.
Despois do remate do prazo de inscrición o martes día 7 de setembro, xa está dispoñible o calendario de encontros do Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Júnior Masculino da Delegación Viguesa de Baloncesto nesta nova tempada 2010/2011.
.
O calendario deste Memorial Horacio Silva - Ico Tapias que comezou a pasada fin de semana dos días 25 e 26 de setembro está xa dispoñible no apartado de competicións da web da Federación Galega Baloncesto (www.fegaba.com).
.
No Memorial Horacio Silva - Ico Tapias de categoría Júnior Masculino competirá o conxunto Seis do Nadal "B", dirixido por Breixo Solla e David Fernández, xunto a Salesianos e C.B. Vigo A.M. "B". Pódese acceder ao calendario de encontros pulsando aquí.
