
.
Despois do remate do prazo de inscrición o mércores día 15 de setembro, xa está dispoñible o calendario da Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. 10/11 da Delegación Viguesa de Baloncesto de categoría Cadete Feminina.
.
O calendario desta fase clasificatoria que comezará esta fin de semana dos días 2 e 3 de outubro está xa dispoñible no apartado de competicións do sitio web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
.
Na Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. Cadete Feminina competirá o conxunto Seis do Nadal - Coia, dirixido por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, xunto a CB Baiona, Airexa Nigrán "A", Canteiras e Apóstol. Pódese acceder ao calendario de xogo pulsando aquí.
.
A primeira xornada da Fase Zonal Clasificatoria á Liga FGB Cadete Feminina enfrontará ao conxunto Seis do Nadal - Coia ante o Airexa Nigrán "A" nas pistas do Colexio Seis do Nadal.
