
.
O Club Baloncesto Seis do Nadal Coia inaugurou a pasada tempada 2009/10 a páxina Oficial da entidade en Facebook, na cal podes facerte admirador/a e comezar a participar desta comunidade social que xa cumpriu un ano de vida.
.
A través da incorporación dun espazo na coñecida red social, o club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia busca facer máis dispoñible e accesible a actualidade da entidade invitando a que se apunten xogadores, adestradores, árbitros, periodistas, directivos, familiares e aficionados do deporte.
.
Desde o teu perfil en Facebook, xa podes acceder á páxina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e estar ao tanto das principais actualizacións multimedia da entidade. A páxina creada dentro da coñecida web Facebook permite a tódolos usuarios relacionarse con xogadores, seguidores, familiares e amigos dentro dunha red social que xa conta con millóns de usuarios en todo o mundo.
.
Máis de 600 persoas xa son seguidoras e están en contacto a través da páxina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia en Facebook. O espazo web, onde podes comentar as noticias e atopar a moitos amigos do deporte, reúne xa a máis de 600 amigos do baloncesto no primeiro ano de existencia da páxina e neste comezo da tempada 2010/2011.
.
Rexístrate xa en Facebook, accede á web www.facebook.com e faite admirador da páxina Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
