sábado, 14 de agosto de 2010

DAVID FERNÁNDEZ E BREIXO SOLLA DIRIXIRÁN AO JÚNIOR MASCULINO "B" A PRÓXIMA TEMPADA 2010/2011

.

.

O próximo curso 2010/11 David Fernández e Breixo Solla adestrarán ao Júnior Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. O equipo estará formado maioritariamente por xogadores nados no 1994, procedentes dos grupos Cadete Masculino "A" e Cadete Masculino "B" da pasada campaña.

.

David Fernández, un dos adestradores que máis tempadas leva formando parte do corpo técnico do Seis do Nadal, dirixirá a este conxunto xunto a Breixo Solla, técnico que cumprirá a súa sexta tempada no club e que dirixirá como adestrador principal ao Infantil Masculino "B".

.

O obxectivo principal do equipo será a de crear un grupo de traballo que progrese, buscando reforzar e mellorar as súas cualidades e fundamentos, no que será o seu primeiro ano como xogadores júnior mirando cara a súa segunda tempada na categoría.

.

INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:

- Martes 24 de agosto ás 20:30 horas (Colexio Seis do Nadal)