domingo, 15 de agosto de 2010

O SÉNIOR MASCULINO ZONAL SERÁ DIRIXIDO POR CÉSAR ÁLVAREZ E ALBERT TOMAS O PRÓXIMO CURSO

.

.

A próximo tempada 2010/11 César Álvarez e Albert Tomas adestrarán ao Sénior Masculino Zonal do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. O equipo estará formado por xogadores que militaron a pasada tempada na categoría júnior e no propio equipo de categoría sénior.

.

César Álvarez dirixirá nesta nova tempada aos dous equipos de categoría Sénior Masculina da entidade, Sénior Autonómico e Sénior Zonal, equipos que terán unha relación moi íntima ao longo de todo curso, curso éste no que os xogadores zonais poderán combinar o seu equipo cos adestramentos e partidos de categoría autonómica.

.

Albert Tomas continuará un ano máis vinculado ao equipo Sénior Masculino Zonal, despois de ser o adestrador principal a pasada tempada 2008/2009. Nesta nova campaña combinará o equipo Infantil Masculino "C" de primeiro ano, coas labores de adestrador axudante no Sénior Masculino Zonal, categoría e competición que coñece de preto.

.

INICIO DA PRETEMPADA 2010/2011:

- Martes 17 de agosto ás 20:30 horas (Colexio Seis do Nadal)