lunes, 16 de agosto de 2010

5ª XORNADAS DE TECNIFICACIÓN "MONOGRÁFICO TIRO - VERÁN 2010" DO C.BC. SEIS DO NADAL - COIA

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia organizará durante o mes de agosto de verán, as 5ª Xornadas de Tecnificación "Monográfico de Tiro - Verán 2010". Despois do éxito das pasadas edicións a entidade volver a celebrar estas xornadas de perfeccionamento técnico, nesta ocasión nas vacacións de verán.

.

O obxectivo destas xornadas é reforzar o traballo de técnica individual dos deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal e do baloncesto vigués e galego, fundamentalmente nas idades óptimas para a formación. Nesta ocasión, especialmente da mecánica de tiro e o seu xesto, de máns dos adestradores do corpo técnico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e de técnicos convidados de contrastada experiencia no deporte da canastra.

.

A Quinta Edición das Xornadas de Tecnificación se celebrará os días 24, 25, 26 e 27 de agosto do 2010 no Colexio Seis do Nadal e no Colexio Illas Cíes de 10:30 a 13:30 horas.

.

Poderán inscribirse neste "Monográfico de Tiro - Verán 2010" os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e tamén se poderán anotar os deportistas do baloncesto vigués e galego que así o desexen, de categoría benxamín (nados no ano 2003) ata categoría júnior (nados no ano 1993).

.

O prezo deste campus é de 25 euros para os deportistas do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e os seus irmáns ou irmás, e de 40 euros para deportistas doutros clubs.

.

As prazas para estas novas Xornadas de Tecnificación son limitadas e se farán efectivas por rigorosa orde de inscrición (sendo válida a data que figure no ingreso). Para formalizar a inscrición é preciso enviar o comprobante de pago (co nome completo do deportista e o club ao que pertence) e a folla de inscrición, antes do día 20 de agosto do 2010, ao e-mail baloncestoseisdonadalcoia@gmail.com ou ao fax 986227275.

.

Podedes descargar a folla de inscrición das 5º Xornadas de Tecnificación "Monográfico de Tiro - Verán 2010" aquí.