..
..
.
Breixo Solla adestrará a próxima tempada 2010/2011 ao grupo Infantil Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Breixo Solla, membro do corpo técnico da nosa entidade desde a campaña 2005/2006, cumprirá a súa sexta tempada como adestrador do noso club a próxima tempada.
.
O Infantil Masculino "B" estará composto por xogadores nados nos anos 1997 e 1998, procedentes dos conxuntos Infantil Masculino "C" e Alevín Masculino "A" da pasada tempada, así como das Escolas Deportivas dirixidas polo club.
.
A finalidade principal do equipo será a de crear un grupo de traballo no que a mellora e o nivel de ensinanza sexa acorde ás necesidades dos xogadores que conformen dito conxunto; e con este obxectivo deportivo Breixo Solla adestrará e dirixirá dito combinado de categoría infantil.
