.
.
O pasadao domingo día 2 de maio do 2010 o Ferrol C.B. se proclamou campión da xornada de categoría alevín masculina do 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010 organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no Pavillón Municipal de Balaídos.
.
Os doce equipos procedentes da cidade de Vigo, de Galicia e de Portugal estiveron divididos en catro grupos na fase de clasificación que se disputou durante toda a mañá. Os catro equipos que lideraron os grupos e que se clasificaron para as semifinais foron o Caixanova Seis do Nadal (Vigo), Instituto Rosalía de Castro (Santiago), Estudiantes Fundación Balogal (Lugo) e Ferrol C.B. (Ferrol).
.
As dúas semifinais estiveron protagonizadas pola igualdade e pola gran intensidade e actitude dos conxuntos, decidíndose ambos no último período do encontro. O Caixanova Seis do Nadal conseguía a vitoria ante o Instituto Rosalía de Castro a pesar de que o conxunto de Santiago de Compostela anotou nos últimos minutos unha serie de lanzamentos de tres puntos consecutivos que fixo reducir notablemente a diferenza que conseguira o Caixanova Seis do Nadal. Finalmente e tras unha boa defensa e un alto acerto o Seis do Nadal converteuse no primeiro finalista do torneo (81-73).
.
A outra semifinal enfrontou ao Estudiantes Fundación Balogal e ao Ferrol C.B., partido que comezou cun gran ritmo de xogo e cunha gran efectividade por parte de ambos equipos. A partir do cuarto período o Ferrol C.B. conseguía alonxarse pouco a pouco no marcador, aínda que o conxunto lucense non baixou os brazos ata o final do encontro. O resultado final de 74-83 convertía ao Ferrol C.B. no outro equipo finalista do torneo.
.
O Caixanova Seis do Nadal e o Ferrol C.B. foron os dous equipos que chegaron ata a final do torneo despois de liderar os seus grupos de clasificación e vencer nas súas respectivas semifinais.
.
O primeiro dos tempos da final foi un constante intercambio de canastras entre ambos equipos, os cales demostraron contar cun gran plantel de xogadores que desplegaron un gran ataque e unha gran defensa ao longo de todo o encontro. Nos últimos sextos do encontro o Ferrol C.B. entre as canastras anotadas e os balóns recuperados conseguía impoñerse no marcador e proclamarse campión do torneo (47-57).
.
.
.
.
.
.
.
.
.
No acto de clausura e na entrega de premios desta xornada do 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010 estivo presente Mar Lago, Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia; Aalí Mohamed, Presidente de Honra da entidade; Francisca García, Secretaria do club; Conchi Martíns e Adrián Sabido, directivos do C.B. Seis do Nadal; e Sergio González, Director Deportivo da entidade.
.
O 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet conta co apoio de Caixanova, a Concellería de Deportes do Conello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación VIDE e a Federación Galega de Baloncesto, ás que se lle suman as empresas Aguas de Mondariz, Alcampo, Coca-Cola, Dulcesol, Chumis, Eurobanan, Larsa, Centra Lechera Asturiana e Orbit.