jueves, 29 de abril de 2010

PRESENTACIÓN OFICIAL DA DÉCIMA EDICIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2010

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia é o organizador do 10º Torneo Internacional de Minibásquet 2010, unha cita deportiva que se celebrará os días 1 e 2 de maio, co patrocinio de Caixanova.

.

A cita co baloncesto alevín foi presentada na mañá do pasado mércores 28 de abril na Sala de Xuntas do Centro Social Caixanova de Vigo, acto coordinado e dirixido polo Director de Patrocinios Institucionais e Eventos de Caixanova, Jorge Santos, ao que acompañaron a Presidenta do Club Baloncesto Seis do Nadal, María del Mar Lago; Francisco Martín Micó, Presidente da Federación Galega de Baloncesto; e Sergio González Larrañaga, Coordinador Deportivo.

.

Con una traxectoria xa de 9 anos, a experiencia foi unha das grandes bazas adquiridas ao largo deste tempo, desde que o torneo internacional botou a rodar no ano 2010. Con máis de 30 equipos en competición, a metade en categoría masculina e a outra en feminina, o índice de participación foi subindo paulatinamente, coa prudencia necesaria para ir configurando un evento deportivo na sempre delicadas categorías inferiores.

.

Os clubs convocados para esta fin de semana son o Porriño Baloncesto Base, Colexio Salesianos Vigo, Club Baloncesto Baiona, Gafanha Basquetebol, Marín Peixe Galego, Básquet Coruña, F.C. Porto, Club Baloncesto Arxil, Carmelitas de Ourense, Real Club Celta, Instituto Rosalía de Santiago, e o anfitrión o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, aos que se lle suman outros conxuntos de nova incorporación neste ano 2010 como son Estudiantes de Lugo, Club Baloncesto Ferrol e Pío XII de Santiago.

.

Tódolos partidos do torneo se disputarán nas pistas habilitadas nos baixos do Estadio Municipal de Balaídos, xogándose os encontros femininos na xornada do sábado e os masculinos o domingo.

.

.

O volumen de participación alcanza xa os 400 xogadores e xogadoras, con 42 encontros que se celebrarán na súa totalidade entre as dúas xornadas de sábado e domingo.

.

Como preámbulo a esta 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet, o venres día 30 de abril, nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes, se celebrará o 5º Torneo Cidade de Vigo Benxamín 2010. Os máis pequenos das categorías inferiores serán os encargados de dar o arranque a esta 10ª entrega do Torneo Caixanova.

.

O 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet conta co apoio de Caixanova, a Concellería de Deportes do Concello de Vigo, o Instituto Municipal dos Deportes, a Fundación VIDE e a Federación Galega de Baloncesto, ás que se lle suman empresas como Aguas de Mondariz, Alcampo e Coca-Cola.