jueves, 29 de abril de 2010

O ALDASA AMFIV APOIO Á DÉCIMA EDICIÓN DO TORNEO INTERNACIONAL CAIXANOVA DE MINIBÁSQUET 2010

.

O Aldasa Amfiv, equipo vigués de Baloncesto en Cadeira de Rodas, apoia o 10º Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet 2010 que organiza o Club Baloncesto Seis do Nadal os próximos días 1 e 2 de maio do 2010 no Pavillón Municipal de Balaídos.

.

Os xogadores e integrantes do equipo Aldasa Amfiv, despois de proclamarse a pasada fin de semana Subcampións de Europa na Copa Willi Brinkmann, mostraron todo o seu apoio á 10ª Edición do Torneo Internacional Caixanova de Minibásquet organizada pola nosa entidade.

.

O Aldasa Amfiv, que disputou esta tempada 2009/2010 a súa sexta participación europea consecutiva, conseguindo o seu terceiro trofeo de subcampión de Europa, envía unha mensaxe de ánimo a tódolos participantes do torneo para que aproveiten a experiencia non soamente a nivel deportivo senón tamén a nivel social.