.
O conxunto Cadete Masculino "A", Izmar Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado por Albert Tomas e Breixo Solla, rematou a primeira fase do Campionato Zonal Cadete Masculino 09/10 na terceira posición da táboa.
.
Este equipo encadrado no Grupo "A" da competición disputou doce partidos cun balance de sete encontros gañados e cinco derrotas, demostrando unha notable e gran progresión desde os primeiros partidos ata os últimos disputados.
.
A clasificación final do Grupo "A" da Competición Zonal DVB Cadete Masculina 2009/2010 foi a seguinte:
.
.
O combinado Cadete Masculino "A", Izmar Seis do Nadal, adestrado por Albert Tomas e Breixo Solla, xogará os cruces de clasificación polos postos do 5º ao 8º. O primeiro dos cruces será ante o Apóstol, cuarto clasificado do Grupo "B". O outro cruce de clasificación enfrontará ao Airexa Nigrán, cuarto clasificado do Grupo "A" ante o Canteiras "B", grupo terceiro clasificado do Grupo "B".
.
Os partidos que xogará o noso equipo neste primeiro cruce pola consecución do 5º posto, terán lugar o sábado 17 de abril ás 10:00 horas no Colexio Apóstol, sendo o partido de volta o domingo 18 de abril ás 18:00 horas no Colexio Seis do Nadal.


