viernes, 16 de abril de 2010

O CADETE MASCULINO "B" DO CLUB XOGARÁ O CRUCE DO 9º-10º POSTO DO CAMPIONATO ZONAL DVB 09/10

.

O Cadete Masculino "C", Seis do Nadal Celso E. Ferreiro, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Borja Martínez, rematou a primeira fase do Campionato Zonal Cadete Masculino na quinta posición da clasificación do Grupo "B".

.

O noso combinado, encadrado no Grupo "B" da competición, disputou dez partidos cun balance de dous encontros gañados e oitro partidos perdidos, amosando en tódolos encontros unha imaxe de esforzo, constancia e marxe de mellora.

.

A clasificación final do Grupo "B" da Competición Zonal DVB Cadete Masculina 2009/2010 foi a seguinte:

.

.

O Cadete Masculino "B", Seis do Nadal Celso E. Ferreiro, xogará o cruce de clasificación polos postos 9º e 10º. Os partidos deste cruce serán ante o Colexios Salesianos, equipo clasificado no quinto posto do Grupo "A".

.

O partido de ida deste cruce terá lugar o próximo sábado 17 de abril ás 18:00 horas no Colexio Seis do Nadal. O partido de volta se disputará a fin de semana dos días 24 e 25 de abril na pista do Colexio Salesianos.