viernes, 12 de febrero de 2010

DEPORTISTAS INFANTÍS DO CLUB NA 1ª XORNADA DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS ZONAIS

.

.

A Federación Galega de Baloncesto celebrará tamén esta fin de semana a primeira concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría Infantil nesta temporada 2009/2010.

.

Trátase dunha fase clasificatoria a disputar entre as sete delegacións da Federación Galega de Baloncesto e que se culminará entre os meses de maio e xuño cos cuartos de final, semifinal e final.

.

Nesta primeira cita concentraranse en Ourense e Santiago de Compostela, o sábado día 13 de febreiro e o domingo día 14, respectivamente, as diferentes seleccións zonais.

.

En concreto, no Pavillón Universitario de Ourense xogarán as seleccións de Ourense, de Lugo e Arousa, e en Santiago, repartidas entre os pavillóns de Pío XII (categoría feminina) e Lorenzo de la Torre (categoría masculina) xogarán Coruña, Vigo, Ferrol e Santiago.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará representado nesta primeira concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais Infantís por unha nutrida representación formada por sete xogadores/as e dous adestradores.

.

Os xogadores do noso club que formarán parte da Selección Zonal Infantil Masculina son David Gutiérrez, Hugo López, Pedro Montenegro e César Rodríguez, membros do equipo Infantil Masculino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrados por Aalí Mohamed e Sergio García.

.

Na Selección Zonal Infanatil Feminina xogarán as xogadoras da nosa entidade Paula Sabido; xogadora do grupo Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, capitaneada e dirixida por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; e Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto que participa na Liga FGB Infantil Feminina.

.

Ademais o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente no corpo técnico da Selección Viguesa. Jorge Martínez, adestrador do grupo Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal; e Carlos Rodríguez, adestrador do conxunto Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, e do equipo Sénior Feminino, Seis do Nadal - Coia; son os seleccionadores da Selección Viguesa Infantil Feminina.