viernes, 12 de febrero de 2010

DEPORTISTAS ALEVÍNS DO CLUB NA 3ª XORNADA DO CAMPIONATO GALEGO DE SELECCIÓNS ZONAIS

.

A Federación Galega de Baloncesto celebrará esta fin de semana a terceira e derradeira concentración do Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría Minibásquet.

.

Esta última cita da competición, a terceira en total, repartirá os seus encontros entre as vilas de Allariz e de Santiago de Compostela e permitirá dilucidar os vencedores absolutos do título tanto en categoría feminina como en masculina.

.

Así, no Pavillón Municipal de Allariz, o sábado 13 de xaneiro, e no Pavillón compostelán de Vite, o domingo 14 de xaneiro, celebraranse os encontros que completarán a liga a unha volta, todos contra todos, na que se basea o Campionato.

.

Na vila ourensá competirán as seleccións das delegacións de Ourense, Arousa e Lugo. Pola súa banda, o domingo día 14 en Santiago enfrontaranse os combinados composteláns xunto coas seleccións de A Coruña, Ferrol e Vigo. Todos eles loitarán por facerse cun campionato que lideran Vigo en categoría feminina e Ferrol na masculina.

.

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia estará presente unha vez máis nesta derradeira xornada do Campionato Galego de Seleccións Zonais.

.

Na Selección Viguesa Alevín Masculina representará ao noso club Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño. No combinado vigués feminino son Alicia Muñoz e Ángela Rodríguez, xogadoras do Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, equipo adestrado por Beatriz Vaquero, as xogadoras do noso club que xoguen o Campionato Galego de Seleccións Zonais.