.
.
(Alicia Muñoz, xogadora do equipo Alevín Feminino "A" recollendo o trofeo de Campioas Galegas coa Selección Zonal Viguesa)
.
O Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría Minibásquet celebrou esta fin de semana a súa derradeira concentración desta tempada 2009/2010 e decidiu os seus correspondentes campións e tamén subcampións masculinos e femininos.
.
No Pavillón de Vite en Santiago, e tendo disputada xa o sábado día 13 de febreiro a primeira xornada desta terceira e última concentración da categoría, dilucidouse a clasificación masculina, liderada finalmente pola Selección de Lugo, como campioa, e pola delegación de A Coruña como subcampioa.
.
Ambas seleccións remataron o campionato con cinco vitorias e unha derrota. Esta última, no caso coruñés produciuse ante o equipo lucense, cuestión que determinou, finalmente, que o título fora a parar ás mans da Delegación de Lugo.
.
.
Na Selección Viguesa Alevín Masculina representou ao noso club Borja Astray, xogador do Alevín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal, adestrado e dirixido por Carlos Rodríguez e Silvia Caíño, combinado zonal que rematou o Campionato Galego clasificada en cuarto lugar coa seguinte clasificación:
.
1º- LUGO
2º- A CORUÑA
3º- FERROL
4º- VIGO
5º- SANTIAGO
6º- OURENSE
7º- AROUSA
.
En categoría feminina, o Campionato Galegou depositouse na Delegación de Vigo. O equipo vigués venceu unha totalidade de cinco encontros ao longo de todo o campionato. A súa única derrota, sufrida na tarde do pasado domingo ante unha combativa Santiago, permitiulle ás santiaguesas arrebatarle á Delegación de Lugo o subcampionato.
.
.
No combinado vigués zonal feminino, Alicia Muñoz e Ángela Rodríguez, ambas membros do Alevín Feminino "A", adestrado por Beatriz Vaquero, foron as dúas xogadoras que representaron ao Club Baloncesto Seis do Nadal e que se convertiron nas novas Campioas Galegas do Campionato de Seleccións Zonais.
.
A clasificación final deste Campionato Galego de Seleccións Zonais de Minibásquet de categoría feminina foi:
.
1º- VIGO
2º- SANTIAGO
3º- LUG0
4º- A CORUÑA
5º- OURENSE
6º- AROUSA
7º- FERROL
.
Os resultados desta terceira concentración do Campionato de Seleccións Zonais celebrada nas vilas de Allariz e Santiago de Compostela poden consultarse pulsando aquí.