.
A Federación Galega de Baloncesto celebrou a fin de semana dos días 13 e 14 de febreiro do 2010, nas cidades de Ourense e Santiago, a primeira das dúas concentracións que nesta tempada 2009/2010 configuran o Campionato Galego de Seleccións Zonais en categoría Infantil.
.
Repartidos os encontros desta primeira fase entre a xornada do sábado 13 en Ourense e a do domingo 14 en Santiago de Compostela, enfrontáronse as seleccións infantís masculinas e femininas das sete delegacións da Federación Galega.
.
Na primeira xornada protagonizaron os encontros os equipos de Ourense, Lugo e Arousa (Grupo A). Posteriormente, o domingo, víronse as caras as restantes seleccións: A Coruña, Ferrol, Vigo e Santiago (Grupo B).
.
As diferentes seleccións, en cada unha das sedes (Ourense e Santiago), enfrontáronse entre elas para configurar, en función dos resultados, o calendario e cruces que conformarán a fase final deste campionatoa, cita que terá lugar no mes de xuño.
.
Deste xeito, e cos resultados recollidos esta fin de semana, quedan clasificados de xeito directo para as semifinais as delegacións de A Coruña en categoría masculina e de Vigo en categoría feminina. Pola súa banda, as restantes seleccións terán que afrontar novos encontros na propia fase final para poder optar a esta posibilidade.
.
Na Selección Viguesa Infantil Feminina xogaron as xogadoras da nosa entidade Paula Sabido; xogadora do grupo Infantil Feminino "B", Óptica A&B Seis do Nadal, capitaneada e dirixida por Óscar Belmonte, Vinca Rolán e Bea Vaquero; e Ana Isabel Fernández e María Pérez, xogadoras do Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, conxunto que participa na Liga FGB Infantil Feminina.
.
Este combinado, adestrado por Jorge Martínez e Carlos Rodríguez, ambos adestradores do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, conseguiu gañar os dous partidos da primeira concentración do Campionato Galego ante a delegación de Ferrol (20-35) e o combinado de A Coruña (12-50).
.
A clasificación dos dous grupos deste Campionato Galego de categoría Infantil Feminina e despois da primeira xornada é a seguinte:
.
GRUPO A
1º- OURENSE; 2º- AROUSA; 3º- LUGO
.
GRUPO B
1º- VIGO; 2º- FERROL; 3º- A CORUÑA; 4º- SANTIAGO
.
.
Os xogadores do noso club que formaron parte da Selección Zonal Infantil Masculina son David Gutiérrez, Hugo López, Pedro Montenegro e César Rodríguez, membros do equipo Infantil Masculino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrados por Aalí Mohamed e Sergio García.
.
A Selección Viguesa Infantil Masculina conseguiu unha vitoria ante o combinado de Ferrol (18-70) e unha derrota no encontro ante a delegación de A Coruña (76-22).
.
A clasificación dos dous grupos deste Campionato Galego de categoría Infantil Feminina e despois da primeira xornada é a seguinte:
.
GRUPO A
1º- OURENSE; 2º- LUGO; 3º- AROUSA
.
GRUPO B
1º- A CORUÑA; 2º- VIGO; 3º- SANTIAGO; 4º- FERROL