
Os xogadores e xogadoras do club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia integrantes das Seleccións Galegas Infantís, remataron o pasado domingo día 10 de xaneiro o Campionato de España celebrado desde o día 5 de xaneiro en Zaragoza.
A Selección Galega Infantil Masculina, combinado do que formaban parte Jorge Cabaleiro, David Gómez e José Paz, xogadores do Infantil Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal, remataron o Campionato de España de Seleccións Autonómicas na novena posicion.
O conxunto infantil masculino culminou a competición cunha vitoria pola mínima ante a selección de Aragón cun tanteo final 58-57 coa satisfacción de haber demostrado un gran esforzo e de ter despregado un xogo moi atractivo.
A Selección Galega de categoría Infantil Feminina, equipo no que militaron Sara Araújo e Irea González, xogadoras do Infantil Feminino "A" do club, remataron o Campionato de España nunha meritoria oitava posición despois de disputar o sétimo posto ante a selección de Madrid, partido que se decantou por 37-70 a favor do equipo madrileño.
Pola súa banda a Selección Galega Cadete Feminina pechou o Campionato de España nunha novena posición despois do encontro ante Navarra con trunfo galego cun tanteo final 46-50.
Por último, a Selección Cadete Masculina rematou quinta o Campionato impoñéndose no encontro definitivo ante Aragón cun tanteo final rexistrado de 69-53. Esta selección pecha o Campionato de España con cinco vitorias e soamente unha derrota.
