
A Federación Española de Baloncesto, coa colaboración da Federación Autonómica Vasca convoca o XXXIV Curso de Adestrador Superior que se celebrará, ao igual que na última edición, en San Sebastián.
Trátase dun curso con carácter federativo pero, igualmente, levaranse a cabo os trámites pertinentes para tentar obter a súa aprobación administrativa e neste suposto poder optar as convalidacións e homologacións das Titulacións Académicas de Técnico Deportivo Superior en Baloncesto estipuladas no Real Decreto 1363/2007 do 24 de outubro ( BOE 08.11.07) e no Real Decreto 234/2005 de 4 de marzo (BOE 26.03.05).
A XXXIV Edición do Curso de Adestrador Superior comprende o ámbito nacional e estipula unha carga lectiva total de 755 horas. Establece un formato semipresencial ao que é preciso engadir o periodo de Prácticas e o Proxecto Final. Esta carga lectiva axústase ao Decreto 1363/2007, do 24 de outubro.
O currículo correspondente a este Curso Superior (Nivel 3) estará conformado por bloques de traballo: un Bloque de Carácter Científico e Técnico Xeral, un Bloque Especifico de Baloncesto, un Bloque Complementario (tecnoloxía e idioma), un de Formación Práctica e o Proxecto Final.
Tódolos interesados e interesadas en realizar a preinscrición neste curso de adestrador de Nivel 3 deberán cumplimentar o modelo de inscrición pulsando aquí e entregalo cuberto na súa Federación Autonómica antes do 1 de marzo do 2010.
Os requisitos de Preinscripción do Curso obrigan a ser maior de 18 anos e estar en posesión da titulación de Nivel 2, coas prácticas rematadas. Así mesmo, coa preinscrición deberase remitir o currículo académico e deportivo, co que se tomará a decisión de matriculación.
