lunes, 4 de enero de 2010

OS EQUIPOS BENXAMÍNS DO CLUB REALIZAN UN GRAN TRABALLO NA PRIMEIRA PARTE DA TEMPADA 09/10

Seguindo co repaso desta primeira parte da tempada 09/10, o equipo Benxamín Masculino "A" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Caixanova Seis do Nadal M-A, dirixido por Alicia Álvarez e Diego Montenegro, ocupa a primeira posición da Grupo "C" do Campionato Zonal Premini desta tempada.

O conxunto Benxamín Masculino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal, Caixanova Seis do Nadal M-B, adestrado por David Rodríguez, participa no Grupo "D" da Liga Zonal DVB de categoría Premini e ocupa actualmente a quinta posición da competición.

O equipo Benxamín Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, Caixanova Seis do Nadal M-B, adestrado por Vinca Rolán, participa nesta tempada 2009/2010 no Grupo "A" da Liga Zonal DVB de categoría Premini e ocupa actualmente a segunda posición da clasificación.

A clasificación actual do Grupo "C" da Liga DVB Benxamín Mixta no que participa o Benxamín Masculino "A", Caixanova Seis do Nadal M-A, é a seguinte:

A clasificación do Grupo "D" do Campionato Zonal 09/10 no que está encadrado o Benxamín Masculino "B", Caixanova Seis do Nadal M-B, é a seguinte:

O equipo Benxamín Feminino, Caixanova Seis do Nadal Fem, participa no Grupo "A" da Liga Zonal DVB 09/10 coa seguinte clasificación actual: