CAFÉ BAR COIA RENOVA O SEU ACORDO DE PATROCINIO PARA A PRESENTE TEMPADA 2009/2010

Café Bar Coia renovou o seu acordo de patrocinio co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada deportiva 2009/2010.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos un ano máis a confianza e o apoio depositado por parte do Café Bar Coia no noso proxecto de club, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.