
As Seleccións Galegas de categoría Infantil Feminina e Cadete Masculina, como complemento á súa recta final de preparación de cara ao Campionato de España, participarán os vindeiros días 7 e 8 de decembro do 2009 no Torneo de Seleccións Autonómicas "Villa de Gijón".
Este torneo, que celebra esta tempada a súa primeira edición, terá lugar no Palacio de Deportes de La Guía, en Xixón e está organizado pola Federación do Principiado de Asturias.
Os xogadores e xogadoras das Seleccións Galegas terán a oportunidade de medir as súas forzas, as dúas xornadas de competición, ante os conxuntos do Principado de Asturias, do País Vasco e de Castela e Leon.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente neste Torneo das Seleccións Autonómicas "Villa de Gijón" posto que formán parte da Selección Galega Infantil Feminina tanto Sara Araújo (1996) como Irea González (1996), xogadoras ambas Infantil Feminino "A", Mondariz Seis do Nadal, dirixidas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.
A expedición galega, composta polos xogadores e xogadoras de ambas seleccións así como polos seus respectivos cadros técnicos, realizarán, antes da súa viaxe a terras asturianas unha sesión de adestramento o próximo domingo día 6 de decembro en Santiago de Compostela.
Tódolos xogadores e xogadoras están convocados no Instituto Rosalía de Castro ás 10:30 horas para adestrar en horario de mañá, e tras o xantar, poñer rumbo a Xixón para traballar e desfrutar da experiencia.

