
A Selección Galega de Baloncesto de categoría Preinfantil Masculina, Caixa Galicia Ceti 97, estará presente no que será a cuarta edición do Torneo Internacional "Linguas do Camiño".
Este campionato, organizado polo Club Estudiantes de Lugo contará, durante os días 6, 7 e 8 de decembro do 2009, coa participación dun conxunto de xogadores seleccionados pola Federación Galega de Baloncesto para a ocasión.
Un grupo de rapaces nados no ano 1997 e aos que se lle está a facer un seguimento técnico por parte do gabinete deportivo da Federación Galega de Baloncesto, participará nesta cita xunto a conxuntos chegados de Galicia, Portugal, Cataluña, Castela e León e Castela a Mancha.
Os equipos participantes no campionato seran ademáis da Selección Galega, o Club Estudiantes Leyma Natura, Colexio Leonés, Unión Esportiva Sant Cugat, FC Porto, e Guadalajara.
O club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia tamén estará presente neste Torneo Internacional "As Linguas do Camiño" posto que no grupo de rapaces seleccionados atópase César Rodríguez (1997), xogador do Infantil Feminino "C", Seis do Nadal Celso Emilio Ferreiro, adestrado por Aalí Mohamed e Sergio García.
Tamén haberá representación do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia no corpo técnico da Selección Autonómica de categoría Preinfantil Masculina posto que Sergio González, Director Deportivo e adestrador do noso club, será un dos seleccionadores do combinado.

