Continuando co repaso da primeira parte da tempada o equipo Alevín Feminino "A", Caixanova Seis do Nadal, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, adestrado e dirixido por Beatriz Vaquero, lidera o Campionato Zonal Alevín Feminino desta tempada 2009/2010.
Este conxunto formado na súa maior parte por xogadoras de segundo ano e con numerosas incorporacións nesta tempada, disputou xa catro partidos da competición nos que competiu en cada un deles resultado da progresiva melloría e tamén do continuo aumento e esixencia do traballo semanal.
O equipo Alevín Feminino "B", Caixanova Celso E. Ferreiro, encadrado no Grupo "B" da Liga Zonal DVB Alevín Feminina 2009/2010 ocupa a sexta posición da competición.
Este equipo, adestrado e dirixido por Aalí Mohamed e Sandra Solano, composto completamente por xogadoras de primeiro ano na categoría, xogou xa os catro primeiros encontros da competición nos que se puideron observar tódolos avances e as aprendizaxes que van adquirindo cada unha das xogadoras do grupo.
A clasificación actual do Grupo "A" do Campionato Zonal 09/10 Alevín Feminino no que participa o Alevín Feminino "A" da nosa entidade é a seguinte:
A clasificación neste Nadal do Grupo "B" no que participa o conxunto Alevín Feminino "B" do club é a seguinte:




