O luns 28 de decembro do 2009 tivo lugar nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes de Coia a primeira xornada do 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Nesta primeira xornada os máis de 90 participantes puideron traballar conceptos de ataque como as fintas de recepción, as saídas, os pivotes, os pases, as finalizacións e o dribling, e tamén conceptos defensivos centrados na defensa ao xogador con balón.
Como novidade nesta cuarta edición tódolos inscritos pudieron traballar o perfeccionamento das accións motrices e físicas do baloncesto da man do Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
Os adestradores/as e monitores/as do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións desta primeira xornada. Ademais visitaron o campus Jenaro Alonso, adestrador superior do Porriño Baloncesto Base; e Candela Bordallo, adestradora do club Básquet Coruña.














