miércoles, 30 de diciembre de 2009

PEÑASANTA SA, CENTRAL LECHERA ASTURIANA E LARSA COLABORAN CO 4º CAMPUS DE INVERNO 2009

Corporación Alimentaria Peñasanta SA, Larsa e Central Lechera Asturiana colaboran co 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo club Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia que se celebra durante os días 28, 29, 30 e 31 de decembro nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cías.

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos a colaboración e apoio depositado por parte destas empresas nesta actividade integrada no proxecto deportivo do noso club. Moitas grazas pola súa colaboración.