martes, 29 de diciembre de 2009

2ª XORNADA NO CAMPUS DE INVERNO XORNADAS DE TECNIFICACIÓN 2009 (MARTES 29 DE DECEMBRO DO 2009)

O martes día 29 de decembro do 2009 se celebrou nas instalacións do Colexio Seis do Nadal e do Colexio Illas Cíes a segunda xornada do 4º Campus de Inverno 09 "Xornadas de Tecnificación" organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal e que conta con preto dun centenar de participantes.

Nesta segunda xornada os xogadores e xogadoras inscritos traballaron novamente os conceptos de ataque da primeira xornada e novos conceptos defensivos como a defensa ao xogador sen balón.

Como novidade nesta cuarta edición tódolos inscritos puideron traballar, unha xornada máis, o perfeccionamento das accións motrices e físicas do baloncesto da man do Preparador Físico do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.

Os adestradores e adestradoras do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia foron os encargados de impartir as sesións desta primeira xornada. Ademais visitaron o noso campus Óscar Carbajo, adestrador superior do Porriño Baloncesto Base e Seleccionador Galego; Jenaro Alonso, adestrador nacional do Porriño Baloncesto Base; Fernando Vidal, ex xogador profesional; e Candela Bordallo, técnica do Básquet Coruña.