O Cadete Feminino do Club Baloncesto Seis do Nadal, adestrado por Francisco García, está a un paso de conseguir a clasificación para a Liga FGB Cadete Feminina 2009/10.
O noso equipo rematou a Fase de Clasificación á Liga FGB da Delegación Viguesa de Baloncesto na segunda posición por detrás de Compañía de María e por diante de C.B. Airexa Nigrán e Canteiras Porriño "A", posición que lle garantizaba a participación na Fase de Cruces Clasificatorios.
Despois do sorteo dos Cruces Clasificatorios á Liga FGB Cadete Femenina celebrado o pasado luns 26 de outubro, ao noso equipo tocoulle no cruce o Calasancias de A Coruña, equipo campión da Delegación Coruñesa de Baloncesto.
O primeiro encontro desta eliminatoria na que se está a disputar unha única praza para a competición autonómica xogouse onte sábado 31 de outubro no Colexio Seis do Nadal (Vigo) cun marcador final 53-46 a favor do equipo do Seis do Nadal.
Hoxe domingo 1 de novembro será o partido de volta no Pavillón de Calasancias (A Coruña), encontro no que se decidirá o conxunto que participará na Liga FGB Cadete Feminina 2009/2010.

