O Club Baloncesto Seis do Nadal, a Federación Galega de Baloncesto e a Delegación Viguesa de Baloncesto organizarán as Fases Finais do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias da presente tempada 09/10 de categoría Cadete Masculina e de categoría Infantil Masculina.
O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia acollerá a Final do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Cadete Masculina o próximo sábado 31 de outubro a partir das 10:00 horas no Colexio Seis do Nadal, encontro que enfrontará ao Compañía de María, primeiro clasificado do Grupo "A", e ao Canteiras "B", clasificado no primeiro lugar do Grupo "B".
As clasificacións finais dos grupos do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias 2009/2010 de categoría Cadete Masculina foron as seguintes:
A Fase Final do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Infantil Masculina se celebrará o próximo sábado día 31 de outubro no Colexio Seis do Nadal a partir das 11:45 horas. Nesta Fase Final participarán o C.B. Airexa, primeiro clasificado do Grupo "A"; o Seis do Nadal "C", conxunto clasificado no primeiro lugar do Grupo "B"; e o Canteiras "B", equipo situado no primeiro posto do Grupo "C".
O primeiro encontro desta Fase Final Infantil Masculina enfrontará ao Seis do Nadal "C" e ao C.B. Airexa ás 11:45 horas no Colexio Seis do Nadal. O perdedor deste partido xogará ás 12:25 horas ante o Canteiras "B", e o gañador xogará contra o equipo de O Porriño ás 13:15 horas.
As clasificacións finais dos grupos do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias 2009/2010 de categoría Infantil Masculina foron as seguintes:






