
Estimados/as Socios e Socias:
A Xunta Directiva do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia convócavos á Asemblea Xeral Ordinaria, que terá lugar no Ximnasio do CEIP Seis do Nadal o venres 23 de outubro do 2009 en primeira convocatoria ás 19:30 horas e ás 20:00 horas en segunda convocatoria para tratar a orde do día:
1º- LECTURA E APROBACIÓN DAS ACTAS ANTERIORES
2º- APROBACIÓN DO BALANCE ECONÓMICO 08/09
3º- INFORME MEMORIA DEPORTIVA TEMPADA 08/09
4º- APROBACIÓN CUOTA ANUAL E FORMA DE PAGO
5º- APROBACIÓN DO ORZAMENTO DA TEMPADA 09/10
6º- PROXECTO DEPORTIVO TEMPADA 09/10
7º- SUXESTIÓNS E PREGUNTAS
Agardando a vosa participación, saúdanvos atentamente
A XUNTA DIRECTIVA
