
Aguas de Mondariz renovou o seu acordo de patrocinio e de colaboración co Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia para a presente tempada 2009/2010.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia, agradecemos un ano máis a confianza e o apoio depositado por parte desta empresa no noso proxecto de club, e estamos moi satisfeitos da relación establecida entre as dúas partes para o que será a presente campaña. Moitas grazas pola súa colaboración.
