domingo, 6 de septiembre de 2009

VINCA ROLÁN, NOVA ADESTRADORA DO BENXAMÍN FEMININO DO CLUB PARA A PRÓXIMA TEMPADA 2009/10

Vinca Rolán, nova adestradora do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia nesta tempada 2009/2010 adestrará ao equipo Benxamín Feminino. Esta adestradora e mestra de Educación Primaria, incorpórase esta tempada á nosa entidade despois de facer un alto na campaña 2005/2006 e con seis anos de experiencia desde o ano 2000.

Nesta tempada 2009/2010 Vinca Rolán asumirá o proxecto de adestrar e dirixir ao Benxamín Feminino, conxunto formado na súa gran maior parte por xogadoras das Escolas Deportivas coordinadas pola nosa entidade nadas nos anos 2000 e 2001, co obxectivo principal de conseguir unha formación integral e unha adaptación gradual ao deporte federado.

 

Ademais Vinca Rolán asumirá funcións de delegada no equipo Infantil Feminino "B" xunto aos adestradores Óscar Belmonte e Beatriz Vaquero, conxunto formado na súa maior parte por xogadoras nadas no ano 1997 e por xogadoras do ano 1996.

 

Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal dámoslle a benvida a esta nova adestradora e todos agardamos que a súa estancia no noso club poida enriquecer a ambas partes, a Vinca Rolán na súa formación como adestradora e ao noso club por poder dispoñer dos seus servizos como técnica e monitora.