Se a final de Japón 2006 segue na retina de todos e se a final olímpica de Pekín 2008 non se poderá esquecer en tempo, o soberbio encontro co que España se proclamou indiscutible Campioa de Europa no Eurobásket de Polonia 2009 por primeira vez na historia do noso baloncesto masculino quedou xa grabado para sempre na memoria colectiva.
O resumo desta final, da que se xogaron corenta minutos pero que en realidade durou menos de 9, é moi simple: España foi mellor que Serbia en tódalas facetas do xogo, e todo o fixo achegándose á perfección na defensa, no rebote, no tiro, no contraataque e nas emocións.
Esos nove minutos son os únicos que necesitou a Selección para alonxarse do equipo serbio (24-9) nun primeiro cuarto que comezou con tres de tres triples españois e acabou cunha superioridade reboteadora que a medida que foron pasando os minutos foi aumentando.
Cos xogadores interiores marcando o seu territorio baixo o aro propio, saíndo en ataque con velocidade, precisión e alegría, regalándose espectaculares accións e movementos do xogo e mantendo un ritmo imposible de seguir por rival algún, España chegou a verse no marcador con 24 puntos de vantaxe antes de chegar ao descanso.
O ritmo de España recaeu no terceiro cuarto, no que o equipo comezou a errar no tiro despois de que a canasta inicial do período colocara a que ata entón fora a máxima diferencia no marcador (54-29). O pequeno baixón o aproveitou o equipo serbio para equilibrar o partido pero non o resultado (60-44). Cuns pequenos axustes, dous balóns recuperados e un gran contraataque restableceu a superioridade española (67-44).
Ata a final os serbios seguiron dando a cara, pero sen a máis mínima confianza nas súas posibilidades. No marcador aínda quedaban dez minutos, pero facía moitos minutos que España era a selección campioa, unha campioa total e absolutamente indiscutible, que chegou a gañar por ata 27 puntos en plena exhibición e con toda Europa observando.
CLASIFICACIÓN EUROBASKET POLONIA 2009
1º- ESPAÑA
2º- SERBIA
3º- GRECIA
4º- ESLOVENIA
5º- FRANCIA
6º- CROACIA
7º- RUSIA
8º- TURQUÍA
9º- ALEMANIA
10º- POLONIA
11º- MACEDONIA
12º- LITUANIA
13º- LETONIA
14º- ISRAEL
15º- GRAN BRETAÑA
16º- BULGARIA

