domingo, 20 de septiembre de 2009

CALENDARIOS DA FASE ZONAL CLASIFICATORIA Á LIGA FGB 2009/10 DA DVB DE CATEGORÍA CADETE

Despois da reunión federativa de clubs do pasado venres día 11 de setembro, xa están dispoñibles os calendarios da Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto en categoría Cadete Masculina e Feminina.

Os calendarios destas fases clasificatorias que comezarán o próximo fin de semana dos días 26 e 27 de setembro están xa dispoñibles no apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).

Na Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. Cadete Masculina competirá o conxunto Seis do Nadal "A", dirixido por Albert Tomas e Breixo Solla, xunto ao C. Salesianos, Maristas "A", Canteiras "A", C.B. Tui Seta e C.B. Vigo AM. Pódese acceder ao calendario da competición pulsando aquí.

En categoría Cadete Feminina participará o noso equipo Seis do Nadal, adestrado por Francisco García, xunto a C.B. Airexa Nigrán, Canteiras "A" e Compañía de María. Pódese consultar o calendario da Fase Zonal de Clasificación á Liga F.G.B. de categoría Cadete Feminina pulsando aquí.