jueves, 10 de septiembre de 2009

PRIMEIRA CONCENTRACIÓN DAS PRESELECCIÓNS GALEGAS INFANTÍS NESTA NOVA TEMPADA 2009/10

 

As Preseleccións Galegas de categoría Infantil realizarán esta fin de semana unha nova concentración, a que configura a súa primeira convocatoria nesta nova tempada 2009/2010.

O sábado día 12 e o domingo 13 de setembro, en Allariz, reuniranse ambas preseleccións, infantil masculina e infantil feminina, para afrontar unha fin de semana de adestramentos e traballo técnico.

Tanto o conxunto masculino, citado o sábado ás 10:15 horas, coma o grupo feminino, convocado para ás 11:00 horas, farán noite na Residencia Salesianos da vila ourensá para proseguir durante a xornada do domingo co traballo xunto aos seus compañeiros e adestradores.

Do Club Baloncesto Seis do Nadal foron convocados, para esta primeira concentración da nova tempada 2009/2010, en categoría masculina Jorge Cabaleiro (1996) e José Paz (1996), xogadores do Infantil Masculino "A", adestrados por Sergio González e Diego Montenegro; e en categoría feminina Sara Diéguez (1996), Irea González (1996) e María Pérez (1997), xogadoras do Infantil Feminino "A", dirixidas por Jorge Martínez e Pablo Sánchez.

O Club Baloncesto Seis do Nadal quere darlle a noraboa aos nosos xogadores e xogadoras por esta nova concentración á que foron convocados, tendo unha oportunidade para seguir aprendendo e formándose no deporte da canastra.