
Despois da reunión federativa de clubs do pasado venres día 4 de setembro, xa están dispoñibles os calendarios da Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. da Delegación Viguesa de Baloncesto en categoría Júnior Masculina e Feminina.
Os calendarios destas fases clasificatorias que comezarán o próximo fin de semana dos días 19 e 20 de setembro están xa dispoñibles no apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
Na Fase Zonal Clasificatoria á Liga F.G.B. Júnior Masculina competirá o grupo Seis do Nadal "A", dirixido por Enrique Beloso e César Álvarez, xunto ao C.B. Baiona, C.B. Vigo AM, Maristas e C.B. Tui Seta. Pódese acceder ao calendario da competición pulsando aquí.
En categoría Júnior Feminina participará o noso equipo Seis do Nadal, adestrado por Francisco García, xunto a Compañía de María, C.B. Baiona, Canteiras "A" e Maristas - Celta. Para consultar o calendario da Fase Zonal de Clasificación á Liga F.G.B. de categoría Júnior Feminina podedes pulsar aquí.
