
Óscar Belmonte e Beatriz Vaquero serán os adestradores do Infantil Feminino "B" do Club Baloncesto Seis do Nadal a próxima tempada 2009/2010. Este conxunto estará formado na súa maioría por xogadoras nados no ano 1997 que xogarán a súa primeira campaña na categoría infantil, e por xogadoras nadas no ano 1996 que completarán o seu ciclo na categoría.
Óscar Belmonte incorpórase esta nova tempada 2009/2010 ao Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia. Este técnico, cunha gran experiencia despois de adestrar durante doce anos en categorías de formación, será o novo adestrador do Infantil Feminino "B", volvendo as pistas despois de catro anos de descanso e reciclaxe.
Beatriz Vaquero, ademais de adestrar e dirixir ao conxunto Alevín Feminino "A", esta nova tempada realizará funcións de adestradora axudante no equipo Infantil Feminino "B" xunto a Óscar Belmonte.
Desde o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia dámoslle a benvida a Óscar Belmonte e desexámoslle que a súa estancia no noso club sexa o máis enriquecedora posible para ambas partes.
