
O grupo Infantil Masculino "A", dirixido por Sergio González e Diego Montenegro, e o Infantil Feminino "A", dirixido por Jorge Martínez e Pablo Sánchez, do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia xogarán as Fases de Apertura da Federación Galega de Baloncesto.
En categoría masculina, e despois do sorteo que tivo lugar o pasado día 16 na sede da Federación Galega de Baloncesto, o Seis do Nadal "A" quedou encadrado no Grupo B da Fase de Apertura xunto ao B.C.A. Riazor (A Coruña), Canteiras "A" (O Porriño) e Estudiantes de Lugo (Lugo).
GRUPO A
ARTAI
CB FERROL MESÓN O ESCUDO
MARÍN PEIXEGALEGO "A"
CAIXANOVA ROSALÍA
GRUPO B
SEIS DO NADAL "A"
B.C.A. RIAZOR
CANTEIRAS "A"
ESTUDIANTES DE LUGO
O primeiro dos encontros que disputará o noso equipo nesta competición de ámbito galego terá lugar o próximo sábado 19 de setembro ás 12:00 horas nas pistas do Colexio Seis do Nadal fronte ao Canteiras "A".
Para acceder ao calendario do Grupo B da Fase de Apertura podedes pulsar aquí ou acceder ao apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.
Na competición feminina, e despois do sorteo celebrado o día 15 de setembro na Federación Galega de Baloncesto, o grupo Seis do Nadal "A" estará encadrado no Grupo B xunto ao Arxil (Pontevedra), Cortegada (Vilagarcía) e Real Club Celta Maristas Caixanova (Vigo).
GRUPO A
CANTEIRAS "A"
PONTUMIO
CARMELITAS BERMELLO
CÍA MARÍA VIGO "A"
GRUPO B
SEIS DO NADAL "A"
ARXIL
CORTEGADA
R.C. CELTA MARISTAS CAIXANOVA
O noso conxunto comezará a competición xogando fronte ao Real Club Celta Maristas Caixanova o próximo sábado día 19 de setembro no Pavillón de Bouzas ás 16:30 horas.
Para acceder ao calendario do Grupo B da Fase de Apertura de categoría feminina podedes pulsar aquí ou ben, acceder ao apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto (www.fegaba.com).
