O conxunto Infantil Masculino "A", Seis do Nadal "A", do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia participou o sábado día 26 de setembro na I Mini Copa de Galicia de categoría Infantil, torneo celebrado na vila de O Porriño con motivo da celebración da Fase Final da Copa Galicia Senior Masculina desta tempada 2009/2010.
O equipo dirixido e adestrado por Sergio González e Diego Montenegro participou xunto ao B.C.A. Riazor (A Coruña) e o Estudiantes de Lugo (Lugo). No primeiro partido o noso equipo conseguía unha cómoda vitoria mentres que no encontro ante o Esudiantes de Lugo os nosos xogadores non conseguían a clasificación para a final do torneo.
No outro grupo da I Mini Copa Galicia xogaron o Canteiras "A" (O Porriño), o Canteiras "B" (O Porriño) e o COB Salesianos (Ourense), clasificándose para a final este último. A final do torneo foi disputada entre os equipos Estudiantes de Lugo e COB Salesianos, proclamándose campión o grupo lucense.
O noso equipo puido vivir unha completa xornada deportiva e de convivencia de gran intesidade estando presentes nas dúas semifinais da Copa Galicia Sénior Masculina 2009, encontros que enfrontaron ao Beirasar Rosalía (Adecco Plata), Breogán Leche Río (Adecco Oro), Leyma Básquet Coruña (Adecco Plata) e Obradoiro Xacobeo Blu:Sens (Liga ACB).







