lunes, 28 de septiembre de 2009

O BARRIO DE NAVIA APOIA Á XORNADA DE PROMOCIÓN DO BALONCESTO "BÁSQUET NA RÚA"

O noso patrocinador e colaborador Peluquería Etna apoia á Xornada de Promoción do Baloncesto en Navia que se celebrará o próximo sábado día 3 de outubro do 2009 organizada polo Club Baloncesto Seis do Nadal, xunto á Sociedade Deportiva de Navia e co apoio da Concellería de Deportes do Concello de Vigo.

 

O barrio, a Asociación de Veciños/as e os establecementos de Navia apoian conxuntamente a esta actividade fomentada polo Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia coa finalidade de achegar o baloncesto a Navia.

Esta xornada de "Baloncesto na Rúa" se celebrará o próximo sábado día 3 de outubro entre as 17:00 e as 20:00 horas na Praza situada detrás do Papo´s na rúa As Teixugueiras e poderán participar tódolos rapaces e rapazas de entre 6 e 14 anos que desexen achegarse ao baloncesto e pasar unha boa tarde practicando e coñecendo este deporte.