
Despois da reunión federativa de clubs do pasado venres día 18 de setembro, xa está dispoñible o calendario do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Infantil Masculina e Feminina da Delegación Viguesa de Baloncesto.
Os calendarios destes Memoriais Horacio Silva e Ico Tapias que darán comezo o próximo fin de semana dos días 3 e 4 de outubro están xa dispoñibles no apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.
No Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Infantil Masculina participarán os equipos Infantil Masculino "B" e Infantil Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal.
O equipo Infantil Masculino "B", adestrado por Breixo Solla, competirá no Grupo A da competición xunto ao C.B. Vigo AM, C.B. Airexa e Enseñanza. Pódese acceder ao calendario do Grupo A pulsando aquí.
No Grupo B do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias Infantil Masculino competirá o noso equipo Infantil Masculino "C", adestrado por Aalí Mohamed e Sergio Costela, xunto ao C.B. Tui Seta, Colexio Apótol e Los Sauces. Podedes acceder ao calendario de xogo do Grupo B da competición pulsando aquí.
No Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Infantil Femnina participará o grupo Infantil Feminino "B", conxunto dirixido e adestrado por Óscar Belmonte, Beatriz Vaquero e Vinca Rolán; xunto ao Canteiras "B", Enseñanza, C.B. Airexa Nigrán "A" e C.B. Baiona. Pódese acceder ao calendario de xogo desta competición pulsando aquí.
