
Despois da reunión federativa de clubs do pasado venres día 18 de setembro, xa está dispoñible o calendario do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias de categoría Cadete Masculina organizado pola Delegación Viguesa de Baloncesto.
O calendario deste Memorial Horacio Silva e Ico Tapias que dará comezo o próximo fin de semana dos días 3 e 4 de outubro están xa dispoñibles no apartado de competicións da páxina web da Federación Galega de Baloncesto.
Nesta competición de ámbito zonal participarán os conxuntos Cadete Masculino "B" e Cadete Masculino "C" do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.
O conxunto Cadete Masculino "B", equipo dirixido por Borja Martínez, competirá no Grupo A desta competición xunto ao Maristas "B", Compañía de María e Apóstol. Pódese acceder ao calendario do Grupo A pulsando aquí.
No Grupo B do Memorial Horacio Silva e Ico Tapias Cadete Masculino participará o noso equipo Cadete Masculino "C", adestrado por David Fernández e Enrique Celeiro, xunto ao Airexa Nigrán, Canteiras "B" e C.B. Baiona. Pódese acceder ao calendario de xogo do Grupo B pulsando aquí.
