domingo, 23 de agosto de 2009

O C.B. SEIS DO NADAL - COIA XA ESTÁ EN FACEBOOK

O Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia inaugura neste inicio da tempada 2009/2010 a páxina Oficial da entidade en Facebook, onde xa podes facerte admirador e comezar a participar desta nova comunidade social.

A través da incorporación dun espazo na coñecida red social, o Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia continua buscando facer máis dispoñible e accesible a información da entidade invitando a que se apunten xogadores, adestradores, árbitros, periodistas, directivos, familiares e aficionados do deporte.

Desde o teu perfil en Facebook, xa podes acceder á páxina do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia e estar ao día das principais actualizacións multimedia da entidade. A páxina creada dentro da coñecida Web Facebook permitirá a tódolos usuarios relacionarse con xogadores, seguidores, familiares e amigos dentro dunha red social que xa conta con millóns de usuarios en todo o mundo.

Trátase dun novo instrumento do Club Baloncesto Seis do Nadal no seu continuo afán de renovarse e modernizarse constantemente, ademais de utilizar e de conseguir tódalas formas posibles de levar o baloncesto do club ao maior número de persoas.

Rexístrate xa en Facebook, accede á web www.facebook.com e faite admirador da páxina Oficial do Club Baloncesto Seis do Nadal - Coia.